IES Lamas de Abade

IES Lamas de Abade
IES Lamas de Abade - Santiago de Compostela

Francés


 

4º ESO: FRANCÉS. Profesoras Mª Jesús Abraldes Iglesias, María del Pilar Peñas Boleas. Curso 2015-2016

 

As profesoras de Francés están a traballar os estereotipos de xénero co alumnado de 4º da ESO, dentro do Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa que estes están tan interiorizados na nosa sociedade que é necesario visibilizalos para deste xeito ser máis críticos e críticas e conseguir unha sociedade máis igualitaria. 

 

Tras unha pequena exposición do problema moral a tratar, por parte do profesorado de francés, houbo un debate no que de xeito crítico o alumnado indicou aspectos da vida diaria onde se atopan os micromachismos. A continuación, as profesoras, pedíronlle o alumnado que contaran algunha desas situacións cotiás mediante un vídeo de denuncia no que esta problemática quedara patente e visibilizada. Por suposto todo isto é en francés. Deixámosvos o enlace a un vídeo de 11 minutos, que recolle os traballos do alumnado de francés, co nome: "Pilules pour 365 jours contre le machisme. Recomendámosvos encarecidamente velo, xa que a análise que fai o alumnado dos estereotipos de xénero na nosa sociedade non ten desperdicio.

Tamén podes clicando no seguinte enlace ver un power point sobre o machismo feito por un alumno da clase:Machisme diego.odp

 

Pero, como comezou todo? (Explicado polas profesoras de francés):

 

No “Proxecta” “Por 365 días de repecto e igualdade” traballamos logo da proposta recibida por
parte do Departamento de Orientación.

As dúas profesoras, Pilar Peñas Boleas e Mª Jesús Abraldes Iglesias, logo de pensar a inicios do 
curso que grupo sería o máis axeitado para traballar a cuestión, decidimos plantexalo ao alumnado
de 4º da ESO, (por ser un grupo reducido, o que facilita, a priori, o traballo en común) que axiña
aceptou.


O seguinte punto foi pensar a actividade. Mellor algo audiovisual, que atrae mais ao alumnado,
realizado en lingua francesa, para así poder encaixalo na Programación Anual. Pensamos en facer
un pequeno video, de non máis de cinco minutos de duración, para que poidera ser subido sen
problema ao Blog do Centro.


Adicamos, pois, unha sesión (cada profesora co seu grupo de desdobre de 4ª) para presentar a
proposta, e ver que temas podían suxerir. A cuestión do video pareceulles ben, pero o problema
era…que facer..


Aproveitando unha reflexión feita na casa pola filla dunha das profes, a raiz dun sinal de tráfico de
recente colocación polas rúas de Santiago que ela, unha rapaza de 11 anos (cun irmán de 9),
considera machista ou discriminatoria (mamá, por qué a imaxe da nena sempre é máis pequena ??)
decidimos presentar a imaxe ao grupo, para iniciar o debate:
  



E con este punto de partida, prantexamos ao alumnado que buscara situacións cercanas que consideraran machistas ou discriminatorias.




Pasaron as semanas e o tema quedou “algo estancado”. Ante as nosas preguntas, “estaban neso”. 




Pasou o Nadal e o tema seguía sen madurar. Prantexamos outra sesión de debate a partir de novas imaxes, para despertar a “inspiración”:

 


    Pedimos un traballo por escrito, evidentemente en francés, individual, no que cada alumn@ fixera
    unha reflexión sobre unha situación considerada por el/ela machista. A partir de aí, logo de
    correxir os textos e poñer en común que situación das xurdidas podían ser “dramatizadas” nun
    vídeo, o alumnado opinaba que era mellor gravar na aula. Pero decidimos que o farían con máis
    liberdade e frescura eles en tardes libres.
          Pero por problemas de horarios, nunca se chegaban a unir tod@s, polo que,ao final entre eles se
         organizaron para presentar pequenas pezas individuais ou por parellas coas súas “pequenas
         reflexións”. Por eso o nome de “Pilules”.

             
Como conclusión/reflexión final, o Departamento pensa que a actividade valeu para :

  1. Plantexar unha cuestión transversal, traballada en francés coma lengua vehicular
  2. Reflexionar ante situacións consideradas, ou non, coma sexistas
  3. Escoitar diferentes puntos de vista
  4. Constatar a dificultade do traballo en grupo
  5. Resolver os problemas que ían xurdindo/ Chegar a acordos
  6. Valorar o traballo d@s compañeir@s
  7. Constatar a capacidade de traballo do alumnado cando se quere implicar.

¡Parabéns ao Departamento de Francés, ás profesoras e ao alumnado! 


3º ESO  B:  Francés (profesora Lola Carballo). Curso 2014-2015


         Obxectivos: distinguir os tipos de comunicación (pasiva, asertiva, manipuladora e agresiva) e reflexionar sobre o propio modo de comunicación, e o facemos en francés.

         Estructura:
         Primeira parte: @s alumn@s dan resposta a un test de 60 preguntas en francés, para determinar o modo de comunicación de cada un deles (o test é individual e anónimo).

         Segunda parte:  a partir dunhas consignas de comunicación breves proporcionadas pola profesora, o alumnado busca a maneira de interpretalas en francés en cada un dos modos de comunicación. Exemplo:
Consigna:"O veciño do piso de abaixo ven queixarse  polo  ruido de música que hai na vosa casa en horas intempestivas. Di que vai chamar á policía"  -  Buscade unha resposta segundo os 4 tipos de comunicación nomeados. (Evidentemente, todo en francés).



         Participantes:  dúas alumnas da clase (Alba Quintiá e Belén  Ameijeiras) desenvolven a primeira parte: preparación do vocabulario do cuestionario para solventar as dudas que poidan  ter @s seus/súas compañeir@s no momento de dar resposta ao test.

         A segunda parte farase cando rematemos os contidos da programación de francés (no  mes de xuño), e participará o conxunto do grupo.

 
         A continuación preséntovos:

1)  Questionnaire:  ÊTES-VOUS ASSERTIF-VE?

2)  Unha mostra do vídeo da 1ª parte.

 (Clicade sobre as palabras en cor e abriranse os arquivos). 




No hay comentarios:

Publicar un comentario